Julio Sánchez Agrelo, asume a presidencia do Consello Galego de Enxeñerías
O decano/presidente do COETG_AETG Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sanchez Agrelo asume a presidencia do Consello Galego de Enxeñerías.
No pasado mes de febreiro tivo lugar a asemblea xeral do #CGES de renovación de cargos da xunta directiva da entidade. Nesta nova etapa, Julio Sánchez Agrelo, ata agora vicepresidente, asume o cargo de presidente do CGES e a secretaría pasa a mans do responsable dos enxeñeiros navais, Jorge Dahl de Sobrino. Por outra banda, o secretario na lexislatura anterior, Pedro Calaza Martínez do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos, pasa a ser o novo vicepresidente.
En palabras do novo presidente do CGES, como colectivo, estamos chamados a desempeñar un papel fundamental no desenvolvemento e progreso da sociedade, e en Galicia, esta responsabilidade adquire un significado aínda máis profundo. Nesta nova etapa, adquirimos o compromiso de traballar para promover os intereses da profesión, incidir na formación e o desenvolvemento profesional e colaborar estreitamente con institucións e empresas para impulsar a investigación e a innovación na enxeñería.
Destacamos a importancia de seguir traballando en estreita colaboración con outras disciplinas e sectores, recoñecendo que moitos dos desafíos aos que nos enfrontamos son multidisciplinarios e transversais e requiren solucións integrais; comprometéndonos tamén a promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os diferentes campos da enxeñería.
O CGES está formado por colexios profesionais de enxeñerías reguladas, una asociación que naceu no 2016 co obxectivo de promover a coordinación e buscar sinerxías entre as diferentes ramas da enxeñería, así como converterse en voz única ante administracións públicas, entidades e institucións radicadas en Galicia. Agrupa aos colexios profesionais de Galicia de Enxeñeiros Agrónomos, Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Galicia, Canles e Portos, Enxeñeiros ICAI, Industriais, Minas, Montes, Navais e Oceánicos e de Telecomunicación.