Lanzamento do picosatélite universitario XaTcobeo
O picosatélite galego XaTcobeo, o primeiro universitario construído en España segundo os estándares da Axencia Espacial Europea (ESA), será lanzado o 13 de febreiro na Guayana Francesa, acto que será retransmitido en directo pola Radio Galega.
Este satélite de reducidas dimensións, denominado 'cubesat' e fabricado na Universidade de Vigo, será enviado ao espazo e alcanzará unha altura máxima de preto de 1.500 quilómetros. Irá equipado con varias cargas útiles, como un software de radio reconfigurable en voo. Tamén tentará validar medicións sobre como a radiación dos aneis de Van Allen afectan á electrónica embarcada e, ademais, comprobará un novo sistema de despregamento de paneis que permita contar con maior potencia. En todo caso, unha vez se proceda ao lanzamento deste satélite -en total nove picosatélites irán en Veiga-, tardaranse aproximadamente dúas semanas en poder identificalo. XaTcobeo irá colocado na parte superior, polo que "terá o privilexio de saír o primeiro", segundo explicou un dos directores do proxecto da Universidade de Vigo.
O satélite é froito do traballo dun total de 60 estudantes, 8 grupos de investigadores e 32 profesores da Universidade de Vigo, dende onde se destacou a importancia de que sexa o primeiro satélite "universitario, español e galego, completamente desenvolvido, construído e fabricado en Galicia"
Ver o lanzamento desde aquí
Máis información no seguinte enlace
Dossier sobre o picosatélite XaTcobeo (17,50 Mb)