Nic.gal, o primeiro dominio puntoGal activado pola ICANN

Internet conta xa coa primeira web con dominio .gal. A Asociación PuntoGal, da que a AETG forma parte dende a súa creación, informou da activación de Nic.gal polo organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial, o Icann. A posta en marcha desta web "supón a delegación formal do dominio" e a "culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega".
O rexistro no dominio galego en internet comezará cun período de lanzamento repartido nas fases de Abrente (sunrise) e Carreira (landrush), para despois abrirse o rexistro ao público xeral. No período de Abrente as administracións públicas terán prioridade para rexistrar os seus dominios .gal, seguidas por aquelas entidades que teñan unha traxectoria probada de promoción da lingua e cultura galega. Pola súa banda, o período Carreira facilitará o acceso a registrantes sen dereitos ou intereses protexidos, segundo informou PuntoGal.