Noraboa aos gañadores da Competición de Enxeñería celebrada en Galicia TIC
O pasado xoves día 24 de maio celebrouse no marco do Congreso Galicia TIC a Competición de Enxeñería coordinada polo COETG na que varios equipos tiveron que resolver un proxecto de aplicación dos conceptos de Smart City a un entorno rural, concretamente ao concello de Chantada. O xurado constituído en representación do COETG por Ricardo Fernández, César Mariñas, Víctor Pita e Javier Fernández Fraga, valorou moi positivamente o traballo realizado polos equipos participantes e determinou outorgar o premio ex acuo aos grupos correspondentes ás entidades Gradiant e R. Os gañadores foron Alberto Marín, Pablo Rodríguez e Sara Cela por parte de Gradiant e David Centeno, Martín Álvarez e Fernando Gallego por parte de R. O premio consistirá na asistencia á Noite Galega das Telecomunicacións o vindeiro día 1 de xuño.
O Secretario do COETG anunciando a resolución do xurado.