Nova Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

O venres día 12 de maio celebrouse en Santiago de Compostela a Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Trala convocatoria realizada o pasado 27 de abril conforme ao procedemento establecido nos estatutos da entidade, celebrouse esta xunta xeral extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da AETG, na que os asociados que así o desexaron, exerceron o seu dereito ó voto. Unha vez concluído o período establecido pola xunta electoral procedeuse ó escrutinio dos votos e, á vista do resultado procedeuse á investidura como candidatura lexitimamente elixida para formar a nova Xunta Directiva da AETG, a encabezada por Julio Sánchez Agrelo.

A lista completa da candidatura é a seguinte:

Presidente Julio José Sánchez Agrelo
Vicepresidenta María Edita de Lorenzo Rodríguez
Secretario Ricardo Fernández Fernández
Vicesecretario Antonio Santiago Torres López
Tesoureiro Fernando José Cendán Garrote
Contador Justo Rodal Pérez
Vogal María Pilar Chapela Villanueva
Vogal Juan Redondo López
Vogal Luis Castedo Ribas
Vogal José Manuel Ordóñez Suárez
Vogal María Pilar Villaverde Castro
Vogal Francisco Javier Laíño Colinas
Vogal José Miguel Gómez Apesteguía
Vogal Manuel Pozo Fariñas
Reserva Francisco Javier Alcalá Navarro
Reserva Sara María Rodríguez Paz
Reserva César Mariñas Dávila