O COETG acompañou no seu Acto de Gradación á unha nova Promoción da EET

O COETG acompañou no seu Acto de Gradación á unha nova Promoción da EET

O vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil, deu a benvida ao mundo profesional aos recentemente graduados da vixésimo quinta e derradeira da Enxeñaría de Telecomunicación e á primeira promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e animounos a participar na vida colexial.

Durante o acto recibiron o seu diploma un total de 135 novos titulados, 100 do novo plan de estudos e 35 do antigo.

Apoiando a todos eles estiveron, amais dos seus familiares e amigos, os docentes do centro e as súas madriñas. A primeira promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación elixiu como madriña á profesora Inés García-Tuñón, do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, mentres que a 25ª promoción da Enxeñaría de Telecomunicación contou coa profesora Yolanda Blanco, do Departamento de Enxeñaría Telemática, como madriña. Ademais, asistiron ao acto, Abel Caballero, alcalde de Vigo; Manuel Fernández Iglesias, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais; Mar Pereira, directora de Amtega e Miguel Merino, vicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. De todos recibiron verbas de ánimo, de ilusión e de apoio.