O COETG celebra a xornada "Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación"

Programa da xornada "Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación"

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia está a organizar a xornada “Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación”, en colaboración coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e con INEO, que terá lugar o vindeiro día 26 de maio ás 11.30 horas nas instalacións da Escola.

A inauguración do acto contará coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e do noso decano, Ramón Bermúdez de Castro.

Posterior ao acto inaugural, terá lugar unha Mesa de Debate, moderada polo director da EE de Telecomunicación, Íñigo Cuíñas na que participarán como invitados o director xeral de Gradiant, David Vázquez, o director xeral do CTAG, Luis Moreno e responsables das entidades organizadoras, Lucía Gregorio, directora xeral de INEO e Ramón Bermúdez de Castro, decano do COETG. Intervirán ofrecendo o punto de vista das telecomunicacións e das novas tecnoloxías como aceleradoras nos procesos de innovación e sobre a incidencia das mesmas como mecanismos promotores da competitividade. Rematadas as intervencións abrirase un período de debate, no que o público asistente estará invitado a participar.

É unha xornada aberta e @s interesad@s en asistir deberán enviar un mail a ineo@ineo.org tal e como se indica no programa da xornada.

Programa da xornada "Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación"

Pola tarde terán lugar as reunións bilaterais con CDTi do programa Innterconecta para aqueles que estean interesados. INEO consciente da necesidade dunha maior proximidade entre as entidades que están a preparar propostas para o programa Interconnecta, e o organismo concesor, CDTI, ofrecen a posibilidade de realizar entrevistas cos técnicos do CDTI para que lle axuden e asesoren nas súas ideas ou propostas de proxectos. Para solicitar unha reunión debe enviar un email a ineo@ineo.org achegando a Ficha de Información de Idea de proxecto. A data límite de recepción de fichas é o venres 22 de maio.

Modelo de Ficha de Información de Idea de proxecto