O COETG colabora no fomento do Voluntariado Dixital a traveso do novo proxecto da Xunta de Galicia, UNIMAIS Tic
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora no fomento do Voluntariado Dixital a traveso do novo proxecto da Xunta de Galcia, UNIMAIS Tic, dirixido a fomentar o voluntariado dixital na universidade. O COETG impulsará a participación de estudantes e profesores da escola de Enxeñería de Telecomunicación como voluntarios dixitais nas entidades de acción social galegas.
UNIMAIS Tic ten como obxectivo contribuír a que a investigación tecnolóxica que se desenvolve nas universidades se traduza nas solucións reais que precisan os colectivos que atenden as entidades de acción social.
UNIMAIS Tic conta con catro actores principais: as escolas universitarias e facultades TIC, as oficinas de Voluntariado das universidades, os colexios profesionais e os voluntarios dixitais, que serán tanto estudantes como profesores que se querian adherir ó proxecto.
O COETG encargarase de poñer en contacto ós voluntarios dixitais universitarios cos profesionais do sector TIC, para orientalos na súa formación e busca de emprego, así como da difusión da oferta tecnolóxica dos grupos de investigación correspondentes ó ámbito da tecnoloxía social e de analizar a posible participación do sector empresarial TIC para transformar estes proxectos en productos de mercado.
O Programa de Voluntariado Dixital, no que se enmarca esta actuación, foi posto en marcha pola Amtega e a Dirección Xeral de Voluntariado hai un ano co obxectivo de estender a oferta pública de alfabetización dixital a toda a poboación galega, facendo especial fincapé nos colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade. A día de hoxe conta con 220 voluntarios e 78 entidades colaboradoras entre concellos, organizacións de acción social, e empresas que actúan como mecenas dixitais.