O COETG convídache ao foro “As cidades intelixentes: un compromiso coa accesibilidade”

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2013, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convida aos asociad@s/colexiad@s ao Foro “As cidades intelixentes: un compromiso coa accesibilidade” que terá lugar o vindeiro luns día 20 de maio ás 12.00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.

Neste acto, organizado por INEO en colaboración co COETG e a EET, debatirase sobre o que necesitan as Cidades Intelixentes para seren accesibles aplicando as tecnoloxías da Información e a Comunicación. Así, na primera parte do foro, contarase coa presenza de D. Juan Luis Quincoces, Director Xeral da Fundación Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) e na segunda parte, abrirase unha mesa de debate sobre os retos e oportunidades nas ciudades intelixentes en materia de accesibilidade na que intervirán varios ponentes.

A asistencia ao Foro é gratuíta previa reserva de praza vía mail a administracion@ineo.org ou chamando ao teléfono 986112570 (indicando nome e apelidos).

Programa do acto