O COETG e a AETG asinan novos convenios de interese para colexiad@s e asociad@s

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ven de asinar varios convenios que poden resultar de interese para o colectivo. Mediante estes novos convenios, os colexiad@s e asociad@s teñen acceso a diversos servizos de formación, ocio e financieiros a prezos vantaxosos.

No apartado de formación asinouse o convenio coa Escuela Europea de Negocios. Por este convenio aplicarase un desconto a aqueles asociad@s que formalicen a súa matrícula en calquera dos cursos, masters ou programas largos que dita entidade imparta.

Entre os convenios relativos a actividades de Ocio, atópanse os asinados co Grupo Silgar Hoteles y Viajes mediante o que se poderán acceder a servizos de aloxamento e tratamentos de spa a prezos reducidos nos tres hoteis do grupo: Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Carlos I Silgar e Hotel Nuevo Astur.

Máis información sobre as características e condicións de cada convenio no menú Oficina do Colexiado, apartado Convenios e Ofertas.