O COETG e a AETG celebran o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, que se celebra o vindeiro 17 de maio, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar unha serie de actos que terán lugar durante os vindeiros días.
Anualmente o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, conmemora o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información cunha serie de eventos relacionados con este día. Así, está prevista a publicación dunha nova edición da revista "A Nosa Rede" e a celebración do tradicional Concerto das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, entre outros actos. Destacamos tamén a publicación do Manifesto do COETG o vindeiro 17 de maio co gallo do DMTSI.
Para máis información sobre o programa de actos premer aquí