O COETG inaugura en Santiago o Tour Tecnolóxico @asLAN.2013 sobre “Movilidade e Cloud, dúas tendencias imparables"

O COETG inaugura en Santiago o Tour Tecnolóxico @asLAN.2013 sobre “Movilidade e Cloud, dúas tendencias imparables"

  • A Asociación @asLAN e o COETG celebraron hoxe en Santiago o primeiro Foro da VIII Edición deste Tour Tecnolóxico que percorrerá gran parte da xeografía española.
  • Unha vintena de empresas ofreceron a súa visión sobre as diferentes opcións tecnolóxicas para que grandes e pequenas organizacións poidan adecuar as súas infraestruturas para construír un “entorno móbil” e desenvolver e integrar “servizos na nube”.

Image removed.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Asociación de provedores de sistemas de rede, internet e telecomunicacións, @asLAN, presentaron hoxe en Santiago a nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN. O acto de apertura correu a cargo do decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, que salientou a importancia que estes encontros teñen para a modernización tecnolóxica e o crecemento económico da nosa Comunidade, xa que serven para achegar as novas tecnoloxías ás empresas, facéndoas máis competitivas.

Image removed.

O evento contou coa presenza dos responsables de tecnoloxía e innovación de grandes e pequenas organizacións e enxeñarías especializadas de toda Galicia, e nel desenvolveuse un extenso programa sobre as últimas novidades en cuestións como banda ancha inarámica (WiFi, WiMax, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc., da man de empresas patrocinadoras como Cambium Networks, Huawei, Colt Technology, TomTom, APC by Schenider, Novell ou DELL, entre outras, que participaron activamente neste Foro cunha serie de conferencias impartidas por expertos que analizaron en profundidade todas as tendencias relacionadas coa mobilidade e o cloud.

O Tour prolongarase ata principios de novembro con paradas en Mallorca (2 de outubro), Málaga (23 de outubro) e Barcelona (30 de outubro), finalizando en Santander o 13 de novembro. A inscrición nestes eventos é totalmente gratuíta e pódese realizar dende www.aslan.es/Tour2013.

O Tour Tecnolóxico @asLAN centrarase durante estes meses en difundir e impulsar no mercado estas tecnoloxías que están transformando as organizacións e poden axudar ás empresas a mellorar a produtividade e aforrar custos, ofrecendo a oportunidade de actualizar coñecementos e identificar tendencias de futuro.