O COETG informa da consulta pública realizada polo Ministerio de Industria para a elaboración da Axenda Dixital Española
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio iniciou a consulta pública sobre a proposta da Axenda Dixital Española co fin de fomentar a participación cidadá e recibir ideas e propostas que permitan mellorar este proxecto.
Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, conscientes da importancia deste proxecto, que definirá a estratexia en materia TIC dos próximos anos, ten intención de remitir ao Ministerio un documento no que se recollerán as propostas elaboradas polo propio COETG, unha vez valoradas e consensuadas as achegas recibidas por parte dos colexiados que desexen participar nesta consulta pública.
O prazo de recepción de propostas remata o 30 de setembro, polo que os interesados en participar, deberán presentar as súas propostas vía mail ao enderezo administracion@coetg.es antes do día 15 de setembro.
Accede á consulta pública http://www.agendadigital.gob.es/