O COETG informa dos Campamentos Científicos do MUNCYT
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora co Museo Nacional de Ciencia y Tecnología na difusión dos Campamentos Científicos organizados por esta entidade, dirixidos a estudantes de primaria que terán lugar na sede do Muncyt da Coruña este verán.
Esta actividade, que se celebra entre o 24 de xuño e o 30 de agosto, pretende ofrecer unha experiencia ocio-educativa relacionada coa ciencia aos participantes. Dende o COETG consideramos que pode resultar de interese para colexiad@s e asociad@s que queiran ofrecer aos seus fillos unha experiencia diferente e de aprendizaxe na época estival, na que se fomenta o interese pola ciencia e o seu coñecemento nas súas aplicacións cotiás.
Máis información e inscricións