O COETG invita aos colexiados a participar nas xornadas de Community Manager organizadas polo Voluntariado Dixital

O Programa Voluntariado Dixital celebrará os vindeiros 20 e 21 de xuño no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, sito en Santiago de Compostela, dúas xornadas relacionadas coa labor dun Community manager.

Este curso correspóndese co módulo III do programa formativo "Redes sociais e Comunicación 2.0" do proxecto Voluntariado Dixital, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e no que colabora o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Se estades interesados en participar con nós nestes programas formativos, poderedes formalizar a inscrición antes do mércores 19 de xuño, a través da seguinte ligazón

Os obxectivos deste segundo módulo son afondar na figura do community manager, explicar as ferramentas coas que conta para desenvolver a súa función, amosar as nocións básicas para o posicionamento en buscadores e expoñer as claves para a xestión da reputación online.

O curso é gratuíto e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Ademais, a xornada poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC.

20 e 21 de xuño
Na xornada do día 20, José Alcañiz, xerente de buscadestinos.com e profesor asociado da Escola de Negocios de Caixanova, será o encargado de debullar as funcións do community manager e achegar as claves para sacar o máximo rendemento do seu traballo. O venres 21 os asistentes coñecerán experiencias prácticas de empresas que contan cun community manager da man de Bárbara Liniado, social media manager de Tuapli, empresa de marketing dixital; Patricia González, community manager e response de marketing online de Mundobebe.net, e Celso Gómez, community manager do Hotel Talaso Atlántico. Ambas as dúas sesións desenvolveranse en horario de 16.00 a 20.00 horas.