O COETG invita aos colexiados a participar nas xornadas de Crowdfunding organizadas polo Voluntariado Dixital
O Programa Voluntariado Dixital celebrará os vindeiros 28 e 29 de xuño no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, sito en Santiago de Compostela, dúas xornadas que nos achegarán ao Crowdfunding, unha forma de financiamento online que permite, tanto a usuarios individuais coma a organizacións, promover proxectos, accións e actividades específicas grazas a pequenas contribucións por parte dunha masa distribuída de financiadores.
Este curso correspóndese co módulo IV do programa formativo "Redes sociais e Comunicación 2.0" do proxecto Voluntariado Dixital, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e no que colabora o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
As xornadas poderanse seguir a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC.
Se estades interesados en participar con nós nestes programas formativos, poderedes formalizar a inscrición antes do mércores 26 de xuño, a través da seguinte ligazón