O COETG organiza un Foro Dixital co colectivo escolar
Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un Foro Dixital no que participa tamén a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Educación. Este acto ten previsto celebrarse mañá martes día 15 de maio ás 12:00 horas no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela.
Atendendo ao slogan da UIT deste ano, neste Foro Dixital os representantes das diferentes institucións dirixiranse ao colectivo escolar a través dun "encontro virtual" para transmitirlles o significado deste Día.