O COETG organiza unha xornada sobre a Certificación Enerxética de Edificios segundo o Real Decreto 235/2013

Como continuación das xornadas que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ven organizando sobre Eficiencia Enerxética, invitámosche a unha nova xornada sobre a Certificación Enerxética de Edificios segundo o Real Decreto 235/2013, que terá lugar o vindeiro día 23 de maio.

O Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, aproba o procedemento básico para a certificación enerxética de edificios, polo que se deberá dispor a partir do vindeiro 1 de xuño dun certificado de eficiencia enerxética para alugar ou vender dunha vivenda.

Esta xornada ten por obxecto informar ós Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia sobre aqueles aspectos máis relevantes desta normativa. Iniciamos esta xornada introdutoria como actividade que abre novas oportunidades profesionais ó noso colectivo.

A xornada, de carácter gratuíto para colexiad@s, celebrarase o vindeiro 23 de maio ás 17:00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia sito na rúa Airas Nunes, s/n en Santiago de Compostela, e terá unha duración aproximada de 2 horas.

Programa da xornada:

-Benvida e presentación
Ramón Mª Lois Santos, Secretario Xeral COETG
-O Real Decreto 235/2013, Oportunidades de traballo e Plan de formación para os Enxeñeiros de Telecomunicación
Marc Aznar, responsable de Servizo de Traballos Profesionais do COIT
-Caso Práctico: Certificación Enerxética Software CE3X
Marc Aznar, responsable de Servizo de Traballos Profesionais do COIT
-Debate
Modera: Ricardo Fernández, Xerente COETG
-Peche da xornada