O COETG organiza a Xornada Networking sobre a "Economía do Mar", o primeiro dos actos conmemorativos do DMTSI 2012

O COETG organiza a Xornada Networking sobre a "Economía do Mar", o primeiro dos actos conmemorativos do DMTSI 2012

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan xunto con INEO, Asociación Multisectorial das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Galicia, unha Xornada Networking baixo o título "Economía do Mar", o vindeiro luns 14 de maio en Vigo.

Esta xornada ten como obxectivo identificar as necesidades tecnolóxicas do sector marítimo, co fin de detectar oportunidades de colaboración e de dar a coñecer os productos/servizos TIC existentes que podan axudar a incrementar a súa competitividade e productividade, nun intento de acercar oferta e demanda.

Descargar programa