O COETG participa en ISACA Roadshow Galicia 2019, congreso sobre Auditoría de TI, Ciberseguridade, Riscos Tecnolóxicos e Goberno de TI

O COETG participa en ISACA Roadshow Galicia 2019, congreso sobre Auditoría de TI, Ciberseguridade, Riscos Tecnolóxicos e Goberno de TI

O vindeiro 18 de setembro, ISACA organiza en Galicia o I Congreso de ISACA en Santiago de Compostela, no que xuntarán á comunidade de profesionais da Auditoría de TI, Ciberseguridade, Riscos Tecnolóxicos e Goberno de TI, residentes no noroeste de España e na que participará o COETG. Será unha xornada composta por ponencias e mesas redondas cos mellores expertos en cada área, sempre baixo un enfoque práctico e casos de éxito, coa finalidade de conseguir un intercambio de coñecemento esencial e necesario neste tipo de xornadas, na que tamén terá cabida o networking. Julio Sánchez Agrelo, decano do COETG participará como ponente na mesa redonda "A formación e os profesionais en Galicia".

O evento terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia e contará coas principais empresas especializadas na temática, ademáis das universidades e organismos oficiais.

Máis información e inscrición