O COETG participa nas xornadas de "Auditoría y Contabilidad en Galicia"
Baixo o lema: "Transformación digital y auditoría. Enfocando el futuro de la profesión" celebrouse en Santiago de Compostela a 3ª edición das Xornadas sobre Auditoría y Contabilidade en Galicia, coa participación do noso compañeiro César Mariñas, experto en Blockchain, quen realizou unha exposición sobre as implicacións deste sistema de estruturación de datos para os auditores.
Durante a xornada, organizada polo Consello Galego de Economistas, abordáronse tamén outros temas relativos ao inminente regulamento que desenvolverá a Lei de Auditoría, obxecto de debate e estudo da presente edición.