O COETG/AETG visitan as instalacións de PSA Peugeot Citroën Vigo

O COETG/AETG visitan as instalacións de PSA Peugeot Citroën Vigo

Tal e como estaba previsto, na tarde de onte día 29 de febreiro, un grupo de colexiados e colexiadas visitaron a fábrica de PSA Peugeot Citroën de Vigo, evento organizado polo COETG/AETG como continuación das actividades de carácter tecnolóxico que se organizan periodicamente.

Os asistentes foron recibidos polo responsable de Sistemas da entidade, o cal realizou unha presentación sobre a planta achegando datos sobre o volume de coches fabricados, número de traballadores e o posicionamento da fábrica respecto doutras a nivel internacional no referente a volume de fabricación e innovación tecnolóxica.

De seguido, segundo o programa previsto e unha vez ataviados cos equipos de protección individuais, realizouse un percorrido pola fábrica seguindo a cadea de produción, a través do cal se visualizou da construción dun vehículo en todas as súas fases como o ensamblado e montaxe, loxística e controis de calidade, entre outras. Esta visita estivo guiada polo responsable de Comunicación da entidade, o cal foi explicando todo o proceso de producción.

Posteriormente á visita pola fábrica, os asistentes asistiron a varias charlas expositivas sobre os últimos avances tecnolóxicos no sector da automoción, os sistemas de comunicación, o coche conectado, a industria 4.0 e o internet das cousas, todas elas impartidas por enxeñeiros de telecomunicación expertos en innovación tecnolóxica no sector automovilístico.