O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación convértese na primeira entidade en España acreditada por ENAC para a verificación de proxectos de ICT
A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) tomou a decisión de conceder ó noso Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación a Acreditación como entidade de inspección para a verificación de proxectos de ICT.
Con esta resolución finaliza con éxito e dentro do prazo previsto o proxecto de obtención da acreditación de ENAC para a verificación de proxectos de ICT que converte ó Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación na primeira entidade en España en obter esta acreditación, ó igual que xa ocorrera coa acreditación provisional que nos foi otorgada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.
A acreditación garante o recoñecemento formal da competencia técnica da institución e avala a fiabilidade dos servizos do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de cara á Administración e ás empresas e enxeñeiros.
A acreditación de ENAC contribúe a garantir, en beneficio dos cidadáns, a fiabilidade dos ensaios, calibracións, inspeccións, certificacións e verificacións, actividades todas elas vinculadas á seguridade, ó cuidado da nosa entorna e á calidade dos nosos produtos e servizos.
Unha vez finalizado este proceso, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación acredita a súa contrastada solvencia para exercer a necesaria labor de verificación de proxectos, asumindo un papel crave de apoio á Administración na necesaria labor de control de calidade dos proxectos técnicos. Esta actividade, realizada con eficacia e calidade acreditada por organismos independentes garante que a institución cumpre co seu mandato ó servizo xeral no ámbito que lle é propio.
O servizo de verificación de proxectos de ICT préstase a traveso da plataforma telemática garanti@COIT.