O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora na VIII Edición do Tour Tecnolóxico @asLAN

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora na VIII Edición do Tour Tecnolóxico @asLAN

Inscríbete e participa!

Un ano máis o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa no Tour Tecnolóxico @asLAN que este ano arranca en Santiago de Compostela o día 18 de setembro e ata a súa clausura, percorrerá as cidades españolas de Málaga, Mallorca, Barcelona e Santander.

O Tour, que este ano chega á súa oitava edición baixo o título "Movilidade e Cloud, dúas tendencias imparables", é unha iniciativa da Asociación @asLAN na que colabora o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación coa que se pretende promover e difundir as novas tecnoloxías e tendencias relacionadas coas redes e que contará no seu acto de apertura coa participación do noso Decano Ramón Bermúdez de Castro.

Como colaboradores os nosos colexiad@s poderán ter acceso ao Tour con dúas posibilidades de inscrición.

Estas son:

- Inscrición Gratuíta. Inclúe: acceso a todas as conferencias e Coffee Break e condicións especiais de almorzo no hotel.

- Inscrición PLUS. 95 Euros (os colexiad@s teñen un 50% de desconto sendo a inscrición total 190 euros). Inclúe acceso preferente e garantizado ao Foro Tecnolóxico, presentacións en formato dixital, acceso on-line a presentacións impartidas durante o Tour, coffee break, almorzo con relatores e diploma de asistencia.

A asistencia deberá formalizarse no seguinte enlace: Inscrición Tour Tecnolóxico.

Máis información