O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia rendiu homenaxe a Manuel Pereira Pola, ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia rendiu homenaxe a Manuel Pereira Pola, ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) rendiu o venres homenaxe ao ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra, Manuel Pereira Pola, polo seu compromiso co desenvolvemento das TIC en Galicia e con motivo da súa xubilación despois de toda unha vida profesional dedicada ao fomento e impulso das telecomunicacións.

Este acto tivo lugar o venres 8 de febreiro en Santiago de Compostela nunha cerimonia de recoñecemento ao seu compromiso co desenvolvemento das TIC en Galicia. Durante o acto, o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, lle fixo entrega dunha placa conmemorativa en agradecemento aos seus anos de dedicación ao sector das telecomunicacións e pola súa colaboración co COETG no desenvolvemento das ICT en Galicia e outras moitas actuacións conxuntas.

Ademáis dos xefes provinciais das Xefaturas de Inspección de Telecomunicacións de Galicia compañeiros do homenaxeado, asistiron á homenaxe representantes da Administración Autonómica, diversos membros da Xunta de Goberno e Directiva do COETG e unha representación dos enxeñeiros de telecomunicación colexiados.

Desde o inicio da súa traxectoria profesional, Manuel Pereira foi testemuña directa da explosión das telecomunicacións que proliferaron de maneira imparable nesa época. Durante todos estes anos de servizo á profesión, o homenaxeado xunto cos seus contemporáneos, foi o encargado de desenvolver desde o seu cargo como xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións, a proliferación das TIC na provincia de Pontevedra, contribuíndo a implantar os novos sistemas das telecomunicacións no territorio.

PERFIL PROFESIONAL DO HOMENAXEADO

“Tras breve estancia na empresa privada (NCR e IBM) ingresou na Administración (Telégrafos) en 1976 en Barcelona. Desde entonces desempeñou diversos cargos en Ourense, Pontevedra e Vigo, como xefe de Liñas, Instalacións e Servizos Técnicos, respectivamente. Desde decembro de 1991 ata a súa xubilación en outubro pasado, foi xefe provincial da Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra, do Mº de Industria, Energía y Turismo.”