O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e TELEVES desenvolven un marco de colaboración institucional para o desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións na edificación

TELEVES e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación firmaron un convenio marco de colaboración que busca o desenvolvemento das telecomumicacións e a Sociedade da Información con especial énfase no desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicacións e a súa introducción no conxunto da edificación española.

O convenio contempla a organización de equipos de traballo para a análise de aspectos regulatorios como a introducción das infraestruturas de telecomunicación en edificios sexan ou non singulares ou o impulso ó Fogar Dixital. Froito deste traballo prevese a elaboración de informes técnicos e divulgativos do coñecemento en materia de infraestruturas de telecomunicacións e de radiodifusión e TV (novos enfoques do sector audiovisual, TDT, dividendo dixital...).

Ambas entidades comprométense a colaborar na inserción profesional dos enxeñeiros de telecomunicación, especialmente os máis mozos, mediante a canalización de ofertas de emprego hacia os demandantes inscritos no Colexio así como a análise e presentación dos perfís profesionais demandados. O convenio inclúe ademais a cooperación para o impulso ó emprendemento entre os enxeñeiros de telecomunicación.

En palabras do decano do Colexio: "TELEVES é un exemplo excelente de empresa nacional do sector TIC que compite a nivel internacional e que se converteu nun referente tecnolóxico para o noso sector. En empresas como esta existe unha clara posibilidade para o desenvolvemento dos nosos mozos enxeñeiros aplicando a súa alta capacidade de innovación para que esta industria española se adapte á nova entorna e contribúa decisivamente ó mercado español das telecomunicacións e á presentación dos mellores servizos ós cidadáns. Como consecuencia deste convenio reforzarase a colaboración institucional entre o Colexio e TELEVES".

Pola súa parte, José Luis Fernández Carnero, Director Xeral de Estratexia de TELEVES, S.A. comentou: "Con este acordo Televés quere intensificar a colaboración co Colexio ó obxecto de impulsar a creación de grupos de traballo que analicen o presente e o futuro das infraestruturas dos edificios e vivendas para facelos máis sostibles, e tamén do uso do espectro como rede clave para a difusión da radio e a televisión, e como non, da súa reutilización como complemento das mesmas".