O Colexio recurre ante o TSXG a relación de postos de traballo de 2017 da Deputación Provincial da Coruña

O Colexio recurre ante o TSXG a relación de postos de traballo de 2017 da Deputación Provincial da Coruña

Recentemente foi presentado o recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á sentencia emitida polo Xulgado do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela en virtude da cal se desestima o recurso interposto contra o acordo plenario da Deputación Provincial da Coruña do 23 de decembro de 2016, que aprobou a relación de postos de traballo (RPT) para 2017.

Con esta actuación preténdese defender os intereses profesionais do colectivo entendendo que os enxeñeiros de telecomunicación deben poder optar a determinadas prazas da RPT da Deputación Provincial da Coruña, destinadas únicamente aos titulados en Enxeñaría Informática.

Neste sentido, destacamos tamén que recentemente o labor desempeñado polo COETG foi clave para recurrir un acordo adoptado na Mesa do Parlamento de Galicia polo que se convocaban por oposición libre dúas prazas da escala técnica de tecnoloxías da información, que non prevía a posibilidade de que os enxeñeiros de telecomunicación puideran presentarse.