O goberno aproba o anteproxecto da nova Lei Xeral de Telecomunicacións

O Consello de Ministros aprobou o pasado 28 de decembro de 2012 o anteproxecto da Lei Xeral de Telecomunicacións a proposta do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Tras este primeiro paso iniciaranse os trámites de consulta deste anteproxecto entre a CMT e outros organismos para a súa aprobación definitiva polo Goberno nuns meses continuando así o seu trámite parlamentario.

Este anteproxecto actualiza a normativa vixente que data do 2003 e establece as bases para o despregamento das novas redes ultrarápidas. Con esta Lei o Goberno pretende resolver determinadas cuestións que afectaban negativamente á competividade dos operadores de telecomunicacións e penalizaban o despregamento de novas redes, a inversión e a provisión de servizos, segundo informa o Ministerio de Industria nun comunicado.

Explica que se trata dunha reforma estrutural profunda xa que as modificacións que incorpora proporcionan maior facilidade para o despregamento de redes polos operadores e a extensión da banda larga que propiciará un internet máis rápido para impulsar a economía dixital e os novos modelos de negocio para permitir o crecemento económico.

Mais información>