O Tribunal Supremo elimina a obrigatoriedade da verificación de proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación
Ante esta decisión o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación manifesta a súa preocupación ante as dificultades que terá a Administración para valorar os proxectos non verificados e os posibles retrasos na emisión de licenzas de edificación en España.
O Tribunal Supremo derogou a reserva de actividade dos Enxeñeiros de Telecomunicación e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación no que respecta aos proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación (que estaban amparadas polo Real Decreto 346/2011) e anula a obrigatoriedade de verificación de proxectos de ICT.
A decisión do Tribunal enmárcase na liña establecida polo lexislativo desde a aprobación en 2009 da chamada "Lei Paraguas" que, en aras dunha suposta liberalización de servizos, deixa é enxeñería española nunha situación de inseguridade xurídica pouco desexada para a situación actual de incertidumbre económica. O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación espera que o vindeiro anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais garante a excelencia técnica que ven marcando o traballo dos profesionais aos que representa.
Os proxectos de ICT, aínda sendo unha actividade decrecente dentro do amplo abano de proxectos deseñados polos enxeñeiros de telecomunicación, teñen unha importancia fundamental para o fortalecemento das máis robustas infraestruturas de telecomunicación no ámbito residencial, e este Colexio prevé que unha decisión como esta poida retrasar a aprobación de estes proxectos por parte da administración, ante as dificultades da mesma para valorar a adecuación dos mesmos á técnica vixente.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, primeira entidade de verificación acreditada pola SETSI (Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información) en España para estes proxectos, lembra aos enxeñeiros que a sentencia elimina a obrigatoriedade de verificación deste tipo de proxectos, pero que o proceso de verificación continúa sendo a única garantía de adecuación dos proxectos á aregulamentación técnica vixente e que, polo tanto, seguirá sendo unha ferramenta útil para avaliar a calidade dos proxectos ante a administración, que en moitos casos, non terá outra vía para facer as comprobacións formais e técnicas que implica a verificación.
Por parte do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación estanse analizando estas sentencias e as posibles vías de recurso, das cales se informará debidamente aos colexiados.