Participa no concurso "Ideas innovadoras para o progreso"
Se tes unha idea innovadora non perdas a oportunidade de participar no concurso "Ideas innovadoras para o progreso".
Este concurso busca premiar e promover iniciativas innovadoras, de contido enxeñeiril, técnico ou científico, claves para o crecemento económico.
Anímate e participa enviando a túa proposta canto antes porque o prazo de presentación das iniciativas finaliza ás 14:00 horas do próximo 19 de abril e hai premios interesantes que poden axudarche a pór a túa iniciativa en marcha (primeiro premio: 6.000 euros; segundo premio: 4.000 euros; terceiro premio: 2.000 euros e 5 accésit con premios de 1.000 euros cada un).
Toda a información relativa a este concurso de ideas pódela atopar en Concurso "Ideas innovadoras".