Participa no Programa Generación Digital Pymes con Galicia Business School
A entidade formativa Galicia Business School, coa que temos un convenio de colaboración, forma parte do Programa Xeración Dixital Pemes. Unha iniciativa liderada polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital que ten como obxectivo principal impulsar a transformación dixital das Pequenas e Medianas Empresas Españolas (PEMES) para que consigan internacionalizar o seu negocio e aumentar a súa produtividade.
Os asociados e as asociadas que desempeñen funcións directivas en PEMES galegas, con plantilla entre os 10 e 249 traballadores, poden participar neste programa, valorado en 6.000 euros, completamente de balde grazas ao financiamento do fondo Next Generation EU.
O programa consta de 146 horas, das que 40 serán presenciais podendo escoller entre Vigo, Coruña ou Santiago de Compostela, e o resto impartiranse a través dunha plataforma dixital. Inicio do programa en setembro.
Máis información aquí