Participamos nun debate sobre a tecnoloxía 5G na Radio Galega

Participamos nun debate sobre a tecnoloxía 5G na Radio Galega

Esta mañá tivo lugar no programa de divulgación da Radio Galega "Galicia por diante", un debate no que o COETG participou xunto coa Amtega e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, para ofrecer aos oíntes unha visión do que suporá a implantación da tecnoloxía 5G en Galicia, as vantaxes que terá para os usuarios en xeral e os requirimentos teconolóxicos e de infraestruturas necesarios para a súa utilización.

En representación do COETG, o vogal da Xunta de Goberno, Xavier Alcalá destacou o gran desafío que temos por diante para que a utilización da tecnoloxía 5G sexa unha realidade e o labor dos enxeñeiros de telecomunicación como parte fundamental deste reto.

En representación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega- interviu a directora, Mar Pereira, quen salientou entre outros asuntos, a importancia do despregue da 5G coma un grande reto para os operadores. Por parte da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, participou o profesor titular da área de Enxeñería Telemática, Felipe Gil Castiñeira, o cal falou de dúas fases na implantación desta tecnoloxía caracterizadas pola maior capacidade de dispositivos conectados e da diminución da latencia.

Podcast: Galicia por Diante