"Patrimonio y activos digitales"

O domingo 3 de xuño na sección Mercados de La Voz de Galicia, publicouse o artigo do noso compañeiro Fernando Cendán sobre patrimonio e activos dixitais. Con certa periodicidade terán cabida no xornal artigos de diferentes autores, enxeñeiros de telecomunicación colexiados/asociados, coa finalidade de dar continuidade ás iniciativas coas que dende o COETG e a AETG se pretende sensibilizar aos lectores sobre a importancia das TIC para o progreso da sociedade e dar a coñecer a profesión do enxeñeiro de telecomunicación dende unha perspectiva máis cercana.
Accede á publicación do artigo "Patrimonio y activos digitales"