Presentación da Guía Técnica de Infraestruturas de Fogar Dixital

Presentación da Guía Técnica de Infraestruturas de Fogar Dixital

Esta mañá a AETG presentou no Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela a Guía Técnica de Infraestruturas de Fogar Dixital. Na xornada, que tamén se retransmite a traveso de videoconferencia nas aulas Cemit dalgúns concellos galegos, danse a coñecer as indicacións do Decreto 127/2016 polo que se regulan as infraestruturas necesarias para posibilitar as funcionalidades do fogar dixital nas vivendas. Este decreto garante que as novas vivendas dispoñan dos equipamentos e recursos precisos para ter acceso aos servizos dixitais avanzados. A xornada está dirixida aos profesionais do sector e aos técnicos dos concellos responsables nesta materia. A guía recolle tamén un proxecto tipo para a instalación destas infraestruturas nas vivendas de nova construcción.

Esta iniciativa celébrase en base ao convenio asinado entre a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), no que se recolle o servizo de asesoramento a Entidades Locais en materia de telecomunicacións. Neste momento a xornada se está retransmitindo nos concellos de Abegondo, Ames, Boiro, A Coruña (Eirís), Pontedeume, Vimianzo, Burela, Foz, Ribadeo, Sarria, Bande, Verín, Marín, Pontevedra, O Porriño e Valga.