Presentación das ‘Medidas desde a Enxeñería para o Desenvolvemento de Galicia’
O venres día 22 de marzo presentamos publicamente xunto cos demais Colexios de Enxeñería que conformamos o CGES, o documento elaborado conxuntamente ‘Medidas desde a Enxeñería para o Desenvolvemento de Galicia’ no que, os Enxeñeiros de Telecomunicación como precursores e impulsores da informática e as telecomunicacións, propuxemos un conxunto de medidas para impulsar o desenvolvemento de Galicia, en catro grandes liñas:
• Medidas que impulsen a creación dunha potente industria das telecomunicacións e as tecnoloxías da información en Galicia, que atraia a empresas foráneas ao seu establecemento na nosa terra.
• Medidas que impulsen a creación de empresas con base tecnolóxica e centradas no dato, que fagan uso de habilitadores como: a intelixencia artificial, o Big Data, a Ciberseguridade, etc
• Medidas que impulsen a formación dun denso tecido de profesionais altamente capacitados: enxeñeiros de telecomunicación, científicos do dato, programadores, etc.
• Medidas que impulsen a transformación da industria en industria 4.0 a través das TIC.
O documento pódese descargar no seguinte enlace Medidas CGES
Segundo as palabras do decano do COETG no seu discurso "En definitiva, medidas dirixidas a converter a Galicia nunha comunidade líder en Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información. Cremos que isto é posible e que hándicaps, como a dispersión xeográfica, que Galicia pode ter noutros ámbitos de actuación, non o son neste sector".