Presentado o Consello Galego de Enxeñerías no que participa o COETG

Oito colexios profesionais galegos de enxeñerías reguladas presentaron o Consello Galego de Enxeñerías (CGES), que nace co obxectivo de promover a coordinación e buscar sinerxias entre as diferentes ramas da enxeñería. O CGES agrupa aos colexios profesionais de Galicia de Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Enxeñeiros ICAI, Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros de Minas, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Navais e Oceánicos e Enxeñeiros de Telecomunicación.
O Decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, o cal participou na presentación do CGES, enfatizou a importancia da creación da entidade nun momento no que se están a afrontar grandes desafíos de carácter multidisciplinar.