Reanudanse as actuacións de cambios de frecuencias necesarias para a liberación do segundo dividendo dixital

Reanudanse as actuacións de cambios de frecuencias necesarias para a liberación do segundo dividendo dixital

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas dixitais informou que, considerando que a situación sanitaria evolucionou favorablemente e as diferentes áreas xeográficas están avanzando no proceso de desescalada, xa é posible avanzar na normalización do proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital. En consecuencia, a partir do 1 de xuño de 2020, nas áreas xeográficas que se atopen polo menos na fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, aprobado polo Acordo de Ministros de data 28 de abril de 2020, poderase continuar coas actuacións de cambios directos de canles radioeléctricos. Deste xeito, reanúdanse as actuacións necesarias para a liberación do segundo dividendo dixital na comunidade autónoma galega.

Lembramos que as actuacións de cambios directos de canles radioeléctricos que afectaban ao proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, suspendéronse polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital trala aprobación do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Máis información:
Oficina Televisión Dixital Terrestre
Televisión Dixital Terrestre