Remata o proceso de cambio de frecuencias do Segundo Dividendo Dixital nas áreas xeográficas de Ourense e Pontevedra

Remata o proceso de cambio de frecuencias do Segundo Dividendo Dixital nas áreas xeográficas de Ourense e Pontevedra

Hoxe día 1 de outubro de 2020, durante a madrugada, produciuse o apagamento nos centros emisores de televisión das áreas xeográficas de Ourense e Pontevedra, das frecuencias que hai que abandoar como consecuencia da liberación do Segundo Dividendo Dixital. Con este apagado, remata o proceso de simulcast, no que as cadeas de televisión emitían simultáneamente a través das frecuencias novas e antigas, pasando a partir desta data, a emitir unicamente a través das novas frecuencias. Naqueles edificios nos que a dia de hoxe non estean adaptados os receptores para recibir as novas frecuencias, perderase a recepción das canles e será necesaria a súa intervención para recuperar a recepción.

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901201004 e 910889879.

Este apagamento é o último paso na liberación do Segundo Dividendo Dixital, proceso que consiste na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz, necesaria para os novos servizos de banda larga (5G).