Sesión "Descubre as vantaxes que Facebook pode achegar ao teu negocio"

O 2 de febreiro o noso compañeiro, o enxeñeiro de telecomunicación Christian Delgado, impartirá o seminario "Descubre as vantaxes que Facebook pode achegar ao teu negocio" organizado pola Amtega, co obxectivo de formar aos asistentes no cambio que internet produciu na comunicación en xeral e na comunicación nos negocios en particular, así como nos diferentes usos que as redes sociais poden achegar aos negocios, centrándose, neste caso, en Facebook e nas súas utilidades e aplicacións.