Sesión informativa: Boas prácticas na compartición de tendidos alumeado no despregue de Fibra Óptica
No marco do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organizamos unha nova sesión en liña dirixida aos concellos galegos para dar a coñecer as boas prácticas na compartición de tendidos de alumeado no despregue de fibra óptica. Trátase dunha presentación áxil e resolutiva sobre aspectos relativos á viabilidade do despregue de infraestruturas de fibra óptica polos tendidos de alumeado público municipais en zonas que non dispoñen doutra infraestrutura.
A xornada está dirixida principalmente a responsables de urbanismo, telecomunicacións e infraestruturas dos concellos e será impartida por Javier Fernández Fraga, enxeñeiro de telecomunicación experto na materia. Terá lugar o xoves 20 de xullo de 2023 ás 12:00 horas.