Taller: “Inmersión en Design Thinking”. Prezo especial para colexiados
De interese para asociados/colexiados
Os próximos días 4 e 5 de outubro de 2016, terá lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo en colaboración con INEO, o taller "Inmersión en Design Thinking" dirixido a directivos, emprendedores, xestores de proxectos e investigadores.
Os asociados/colexiados interesados poderán asistir a este taller a prezo especial ofertado para o colectivo e que pode consultarse no programa do evento.
A proposta consiste nunha inmersión práctica e altamente aplicada, en formato taller de dous días, de modo que os participantes veranse envolvidos activamente na aprendizaxe: trátase de aprender a usar Design Thinking aplicando actividades de Design Thinking.