Tristán Téllez, xoga, resolve o misterio e gaña 20.000 euros
O noso compañeiro Javier Cid é o creador da aventura gráfica Tristán Téllez, un videoxogo ambientado na poboación ourensana de Allariz e que propón como reto a resolución dun misterio e gañar 20.000 euros.
Os interesados poderán participar nesta aventura a partir do 14 de decembro a partir das 12:00 horas. As inscricións que están abertas, a través da páxina web oficial (www.tristantellez.es), ofrecen a oportunidade de entrar no sorteo dun lote de produtos típicos de Allariz. Do mesmo xeito, os que se descarguen o xogo poderán optar a gañar unha estancia de fin de semana na vila, todo iso grazas á colaboración do Concello de Allariz.
O Reto
A aventura gráfica Tristán Téllez, baseada na novela homónima, non é un simple xogo de resolver enigmas, senón que se trata de toda unha experiencia que require lóxica e creatividade para ser resolta. O reto baséase na capacidade do xogador de razoar e mesmo acudir a fontes externas para aplicar a información ao contexto do xogo.
Os xogadores rexistrados na web oficial (www.tristantellez.es) terán acceso a contido exclusivo, pistas e información sobre o proceso de creación.