Un colexiado galego foi galardoado cun dos premios TR35 otorgado polo prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets, MIT

O noso compañeiro Elías Pérez Carrera, cofundador da empresa Quobis e enxeñeiro de telecomunicación pola Universidade de Vigo foi galardoado cun dos premios TR35 otorgado polo prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets, MIT.

O MIT, a traveso da súa revista Technology Review, recoñece e premia o traballo dos 10 xóvenes innovadores españois menores de 35 anos máis destacados. Este ano, Technology Review en español puso en marcha a segunda edición dos premios TR35 Spain 2012. O obxectivo é atopar traballos innovadores capaces de revolucionar o mundo da tecnoloxía e os negocios nun futuro próximo.

O MIT escolleu a Elías Pérez polos desenvolvementos tecnolóxicos creados na empresa Quobis, fundada en 2006 e ubicada en Vigo. Quobis desenvolveu un sistema antifraude orientado á certificación e autentificación de chamadas telefónicas, chamado identityCall, que permite garantir a identidade dos locutores nunha conversación telefónica.

Precisamente esta solución foi a que lle valeu o recoñecemento de Technology Review, por amosar evidentes vantaxes fronte aos seus competidores ao combinar un elemento que a persoa que chama posúe (un certificado dixital ou unha smartcard) e un elemento que precisa coñecer (un código PIJN) o que en palabras de Pérez Carrera “garante a identidade e o non repudio no ámbito das redes de voz de nova xeración”.