VIII Edición do Tour Tecnolóxico @asLAN
Un ano máis o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa no Tour Tecnolóxico @asLAN que este ano arranca en Santiago de Compostela o día 18 de setembro e ata a súa clausura, percorrerá as cidades españolas de Málaga, Mallorca, Barcelona e Santander.
O Tour, que este ano chega á súa oitava edición baixo o título "Movilidade e Cloud, dúas tendencias imparables", é unha iniciativa da Asociación @asLAN na que colabora o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación coa que se pretende promover e difundir as novas tecnoloxías e tendencias relacionadas coas redes.