Visita á Escola Naval Militar de Marín
O mércores día 10 de outubro @s colexiad@s e asociad@s do COETG/AETG visitaron as instalacións da Escola Naval Militar de Marín, o Centro de Medidas Electromagnéticas (CEMEDEM) e o Centro Universitario da Defensa. Os asistentes tiveron a oportunidade de visitar o simulador de navegación, o planetario, o museo da escola naval, o pañol histórico, o CEMEDEM e a biblioteca académica e casino de alumnos.
Esta visita, está englobada dentro do programa de visitas técnico-culturais que o COETG e a AETG están levando a cabo coa finalidade de ofrecer aos seus colexiad@s e asociad@s a oportunidade de coñecer de primeira man, entidades ou proxectos que podan resultar de interese para a profesión.