Xa está en marcha a XXVI edición da Noite Galega das Telecomunicación 2022

Xa está en marcha a XXVI edición da Noite Galega das Telecomunicación 2022

Arranca unha nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, foro de referencia do sector TIC en Galicia que organizamos desde o COETG e a AETG. Conscientes da importancia que as novas tecnoloxías posúen na sociedade actual para axudarnos a estar máis interconectados, sobre todo no caso de determinados colectivos sociais vulnerables ao acceso tecnolóxico, este 2022 celebramos o evento baixo o lema "Dixitalización sen fronteiras sociais".

Este ano a Noite terá lugar o venres 23 de setembro na cidade de Vigo, e como en edicións anteriores, no acto converxerán os profesionais, as empresas e as entidades máis representativos do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tanto de Galicia como a nivel nacional ou internacional, con representación na nosa comunidade. Celebraremos tamén o acto de entrega dos tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022 que recoñecen ás empresas, profesionais e entidades que traballan a favor do progreso tecnolóxico de Galicia e realizan boas prácticas no sector.

Para máis información: anoitedastelecomunicacions.gal