A xornada "Configura un Dashboard para IoT sobre Raspberry PI con Nodered en remoto" terá lugar o 28 de abril
O venres 28 de abril de forma presencial no Centro GaiásTech e tamén por Streaming, impartiremos en colaboración co #Nodo5G da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a xornada "Configura un Dashboard para IoT sobre Raspberry PI con Nodered en remoto".
Está dirixida a profesionais do ámbito das telecomunicacións, emprendedores/as e estudantes. Forma parte dunha serie de talleres de acceso gratuíto sobre diferentes tecnoloxías, impulsados polo #Nodo5G, unha iniciativa para promover e dinamizar o sector mediante actividades de formación e networking para agrupar axentes que poidan requirir ou executar proxectos relacionados co #5G.
Máis información
Calquera proxecto de IoT dispón dunha serie de elementos como poden ser, sensores ou actuadores, medios de comunicación e un sistema de telexestión. Nesta actividade sentamos as bases da integración dun dashboard Open Source empregado tanto na Industria como en calquera outro ámbito.
Este entorno de traballo será co que traballemos para futuras sesións nas que mostremos o despregamento de proxectos IoT con NBIoT, LoraWan, Zigbee, WiFi Halow...etc.