Xornada de presentación da “Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)”

Xornada de presentación da “Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)”


De interese para colexiad@s

En base ao convenio asinado entre a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), no que se recolle o servizo de asesoramento a Entidades Locais en materia de telecomunicacións, o vindeiro martes 17 de outubro ás 10.00 horas, realizaremos a presentación Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD) no Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela. A xornada poderase seguir tamén a través de videoconferencia nas aulas Cemit dos seguintes concellos de Abegondo, Ames, Boiro, A Coruña (Eirís), Padrón, Pontedeume, Vimianzo, Burela, Foz, Ribadeo, Sarria, Bande, Verín, Marín, Pontevedra, O Porriño e Valga.

Na presentación afondarase nas obrigas que deben cumprir os concellos e promotores no referente á instalación de infraestruturas de soporte de Fogar Dixital cando se constrúan novas vivendas, obrigas derivadas do Decreto 127/2016, do 15 de setembro, polo que se regulan as infraestruturas necesarias para posibilitar as funcionalidades do Fogar Dixital nas vivendas de nova construción. Presentarase ademais un modelo de Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital que servirá de base para a elaboración deste tipo de proxectos.