Xornada de presentación do Programa ICT RENOVE UNICO EDIFICIOS da Xunta de Galicia

Xornada de presentación do Programa ICT RENOVE UNICO EDIFICIOS da Xunta de Galicia

O vindeiro mércores 22 de febreiro a partir das 17.00h na Cidade da Cultura de Galicia, terá lugar a xornada de presentación do programa ICT RENOVE UNICO EDIFICIOS da Xunta de Galicia, na que o COETG participa a través da intervención do decano, Julio Sánchez Agrelo, xunto co resto de representantes de distintas institucións e empresas involucradas no programa.

A xornada, promovida por FENITEL e a Amtega, tratará sobre o programa de axudas para diversas actuaacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios xestionado a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. O programa é o seguinte:

  • 17:00h. Apertura institucional. Miguel Rodríguez Quelle, Director de Área de Sociedade Dixital de AMTEGA
  • 17:10h. Plan de axudas ÚNICO EDIFICIOS . Miguel Ángel García Argüelles, Director-Xerente de FENITEL
  • 17:30h. Promoción e xestión das axudas do Plan ÚNICO EDIFICIOS, Gonzalo Olabarria Ruiz, Director de proxectos de FENITEL
  • 17:50h. Tratamento dos residuos do programa ÚNICO EDIFICIOS. Representante de RECYCLIA.
  • 18:05h. O papel dos facultativos. Julio Sánchez Agrelo. Decano COETG
  • 18.20h. A industria do tratamento da señal no desenvolvemento do programa, Santiago Rey Requejo. CEO de TELEVES
  • 18.35h. Resumo e casos prácticos ÚNICO EDIFICIOS. Miguel Ángel García Argüelles, Director-Xerente de FENITEL
  • 18:45h. Coloquio e debate
  • 19.00h. Fin da xornada e cóctel

Máis información