Xornada sobre Novas Políticas en Telecomunicacións e Sociedade da Información

Xornada sobre Novas Políticas en Telecomunicacións e Sociedade da Información

O vindeiro día 27 de xuño terá lugar en Madrid a xornada sobre Novas Políticas en Telecomunicacións e Sociedade da Información, na que colaboran diferentes asociacións relacionadas directamente co sector das telecomunicacións ademais do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación.

A xornada estará formada por unha serie de ponencias, coloquios e mesas redondas nas que se tratarán temas relacionados coa Axenda Dixital Española, a nova Lei de Telecomunicacións, a creación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia e o Dividendo Dixital. Contará coa participación do Secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Víctor Calvo-Sotelo e con representantes das principais compañías e asociacións de telecomunicacións do país.

Para máis información sobre o contido da xornada e tarifas de inscrición consúltese o programa. Existen tarifas especiais para colexiados, en calidade de membros dunha das entidades colaboradoras no evento.

Descargar programa e ficha de inscrición